Obra Social “la Caixa” apoia ás organizacións sociais de Ourense con 65.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Obra Social “la Caixa” outorgou 65.000 euros a preto de vinte proxectos sociais de Ourense. Estas achegas déronse a coñecer esta mañá nun acto celebrado no Concello de Ourense, en presenza do seu rexedor, ao que acudiron oito representantes de todas as organizacións coas que se colabora a entidade.

En representación de “la Caixa” acudiu o director de área de negocio de Ourense, Fernando Garza, quen recordou que o compromiso social permanece como un dos sinais de identidade de “la Caixa”, á que dedica numerosos esforzos e recursos. “Este compromiso”, destacou, lévanos a desenvolver programas propios e a avalar aquelas iniciativas locais que atendan as necesidades do seu ámbito. “Para la Caixa e os empregados das oficinas de Ourense”, engadiu, “supón unha satisfacción poder avalar o labor que desenvolve o tecido social da cidade”

Os proxectos avalados inscríbense en áreas como inclusión labora; atención ás necesidades básicas, comedores sociais; a tención a persoas con minusvalidez, protección de menores en risco de exclusión, etc.

A continuación detállanse as organizacións á que as oficinas avalaron:

– Centro Educación Especial O Pino
– Diocese de Ourense
– Asociación Persoas Con Dificultades de Patoloxia Dual
– Asociación Inmigrantes Senegaleses de Ourense
– Asociación Down Ourense
– Centro Educación Especial O Pino
– Sociedade Cooperativa de Ensino
– Asociación Aixina Orense
– Asociación Xuvenil Amencer
– Asociación de Persoas Afectadas por Dano Cerebral Adquirido
– Asociación De Personas Sordas De Ourense
– Asociación Social Do 10 Por Cento
– Asociación de Famil.de Enfermos De Alzheimer De Ourense
– Asociación Autismo Ourense
– Fundacion Madre Trinidad Carreras
– Centro Educación Especial O Pino
– Caritas Diocesana De Orense

Obra Social “la Caixa”: máis comprometidos que nunca

O compromiso de “la Caixa” coas necesidades da sociedade na que desenvolve a súa actividade financeira e co benestar das persoas, un dos seus trazos máis definitorios dende o seu nacemento en 1904, adquire unha dimensión maior, e máis diferencial que nunca, nas actuais circunstancias. A pesar das dificultades, a entidade manterá o presuposto da súa Obra Social durante 2014 en 500 millóns de euros, a mesma cifra presupostada nos 6 anos precedentes.

Neste sentido, o 67% do presuposto (334,9 millóns de euros) destinarase ao desenvolvemento de programas sociais e asistenciais). A resposta ás problemáticas sociais máis incitantes e a atención ás persoas máis vulnerables continúan sendo prioridades fundamentais.

9 de febreiro de 2015 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.