O Xoves de Compadres inicia o ciclo do Entroido en Verín
Mañá 05 de febreiro, e tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2015 co Xoves de Compadres. Tras as cenas en restaurantes do municipio, a media noite, saída do ‘Carro do Meco’ da rúa Montemaior, para percorrer a rúa Lisa, praza García Barbón, rúas Cruz, Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón onde se celebrará o Xuízo e Queima do Maragato.
Durante o percorrido, os compadres irán acompañados do ‘Carro do Meco’, con bica e licor-café, e da música da Banda de Gaitas do Concello de Verín, o Folión dos Lampreas, os Bombeiros Entroideiros de Vences e da charanga Támega, para acabar a festa na praza ca Disco-Móvil Jorge.











