O Trofeo “Joaquín Romero” e o Memorial de Campo a Través celébranse no campo Merendeiro das Cabazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+
Presentación do trofeo Joaquín Romero

Presentación do trofeo Joaquín Romero

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o LIII Trofeo “Joaquín Romero” III Memorial de Campo a Través, que se celebrará o vindeiro sábado día 28 no campo merendeiro de As Cabazas. A edil de Deportes estivo acompañada polo delegado da Federación Galega de Atletismo en Ferrol, Ricardo Monzón López. Este evento deportivo, que dará comezo ás 11:00 horas, está organizado polo Concello de Ferrol e contará co control do Comité Territorial de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A edil Susana Martínez sinalou que a competición “é un clásico xa dentro desta modalidade de atletismo que recorda ao gran deportista ferrolán Joaquín Romero Serantes”. Esta proba disputarase en dúas categorías: a Escolar -dende benxamín a cadete- e a Absoluta -de xuvenil a maiores de 64 anos-. Así, outorgaranse premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo. Arredor de 80 deportistas participarán na categoría absoluta desta competición.

Esta competición de Campo a Través lembra a Joaquín Romero Serantes nacido no barrio ferrolán de Canido no ano 1923 e que comezou a súa andadura atlética no ano 1940, competindo ata 1959 e participando como veterano ata 1961. Entre os seus éxitos deportivos destacando o Campionato Galego de Maratón, un Campionato Galego de Campo a Través e varios Campionatos provinciais de Vista. Así mesmo, Joaquín Romero foi galardoado na IV Festa do Deporte Ferrolán no ano 1974 e obtivo tamén a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo

26 de febreiro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.