publicidade hoxe

O Sergas remata os trámites para comezar a construción do novo centro de saúde de Buño

O Sergas vén de rematar os trámites para a construción do centro de saúde de Buño (Malpica) coa formalización da acta de comprobación de replanteo, de xeito que dá comeza a construción, tras asinarse o contrato de obra entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Construcións Orega SL, o pasado día 15 de xaneiro.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou esta mañá os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado do alcalde do concello de Malpica, Eduardo Parga; o xerente de Xestión Integrada do Sergas para A Coruña, Francisco Vilanova; e a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez.

A obra do centro de saúde de Buño, cofinanciado nun 50% por fondos do Estado, dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable, ten un importe de 624.810 euros e un prazo de execución de 7 meses.

O centro de saúde, que poderá atender a unha poboación de ao redor de 1.800 persoas e terá unha superficie construída de 524 metros cadrados, contará cun área médica con tres consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha sala polivalente e unha área de administración cun arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

9 de febreiro de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.