publicidade hoxe

O Sergas finaliza os trámites para comezar a obra de construción do novo Centro de Saúde de Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOiaPontevedra
A-
A+

O Sergas ven de rematar os trámites para a construción do centro de saúde de Oia coa formalización da acta de comprobación de replanteo, de xeito que dá comeza a obra de construción, tras asinarse o contrato de obra entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Obras y Servicios Gómez Crespo, SL o pasado día 16 de decembro.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou esta mañá os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado do alcalde do Concello de Oia, Alejandro Rodríguez; o delegado da Xunta, José Manuel Cores; a xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro; e o director de Procesos sen Ingreso e Urxencias, Francisco Javier Caramés

O orzamento da adxudicación é de 1.002.207 euros para un superficie construída de máis de 680 metros cadrados. O centro está cofinanciado con fondos FEDER e enmárcase na Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

A obra, que está previsto que se leve a cabo nun prazo de 9 meses, ten no seu programa funcional unha área médica con dúas consultas de medicina xeral, dúas consultas de enfermería e unha sala da muller. Ademais, terá unha consulta polivalente, unha de pediatría e área de administración con arquivo, almacéns, vestiarios e outros servizos comúns.

4 de febreiro de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.