publicidade hoxe

O Sergas asinou o contrato para a construción do centro de saúde de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal Portada
A-
A+
Sinatura do contrato

Sinatura do contrato

A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán, e o representante da empresa CORSÁN-CORVIAM, Luis Picos, asinaron hoxe, no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a construción dun centro de saúde en Gondomar (Pontevedra), cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013, por un importe de 2,4 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.

Este novo centro da rede sanitaria pública galega atenderá unha poboación dunhas 10.400 persoas e suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños deste municipio.

O centro contará cun área de medicina xeral con 12 consultas, unha área pediátrica con 2 consultas, 1 consulta de matrona, 1 sala de educación maternal, traballador social, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 2 salas polivalentes e resto de espazos de apoio necesarios para o normal funcionamento do centro.

Ademais, terá unha área de administración con almacén e outros servizos comúns. A superficie total do centro será superior a 1.600 m2.

6 de febreiro de 2015 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.