O Rio Natura Monbus Obradoiro visitará a central térmica nas Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro visitará mañá mércores a central térmica de Endesa, patrocinador principal da ACB, situada nas Pontes de García Rodríguez. O equipo poderá coñecer de primeira man as diferentes partes da planta creadora de enerxía eléctrica: salas de control, turbinas, ou torres de refrixeración, todo iso guiada por traballadores das instalacións que lles explicarán de primeira man todo o proceso de traballo, dende a propia recollida de carbón.

Ao rematar o percorrido, xogadores e corpo técnico reuniranse no Pavillón Municipal de Deportes cos escolares da zona, onde asinarán autógrafos e darán outras moitas sorpresas. Ademais, os nenos do C.B. As Pontes aproveitarán para coñecer en persoa aos seus ídolos, aos que verán en acción no Fontes do Sar fronte ao FIATC Joventut o próximo sábado 28 de febreiro (20.00 horas).

17 de febreiro de 2015 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.