publicidade hoxe

O RCNS proclama a Martín Wizner Campión Galego de Optimist

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSanxenxo
A-
A+

Martín Wizner proclamouse campión autonómico de Optimist no Real Club Náutico de Sanxenxo despois de que o club pontevedrés acollese a 25ª edición do Trofeo Príncipe de Asturias – Campionato Galego de Optimist; cita á que acudiron máis de 130 regatistas vidos de toda a xeografía galega.

Tres xornadas de competición e un total de sete mangas ergueron o regatista do RCNS ata o máis alto do caixón de honra; un podio que estivo copado polos regatistas locais do equipo Abanca Movistar.

Martín Wizner colgábase o ouro despois de sumar tres vitorias parciais e dous terceiros postos, ademais de dous quintos. Con estes resultados e un descarte, o novo regatista colgábase o ouro tras sumar 14 puntos na súa cuadrícula, cinco menos que Alba Trigo, subcampiona absoluta e que ademais se colga o título de vencedora en categoría feminina.

A terceira praza do caixón tamén foi parar ás mans do regatista do equipo Abanca-Movistar do RCNS Jacobo García.

Na clasificación do grupo prata, Jaime Wizner, do RCN Vigo, conseguiu o triunfo seguido de Julio Tojo, do RCN Portosín e Guillermo Núñez, tamén do club vigués.

Ao termo da regata o Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu nas súas instalacións a entrega de premios, á que acudiron Manuel Villaverde, Presidente da Federación Galega de Vela; Fernando Casa, Directivo do RCNS e Jorge Enríquez, Secretario da Clase Optimist.

Clasificación xeral FINAL Cto. Galego de Optimist – Grupo Ouro

1. Martín Wizner (RCN Sanxenxo), 1+1+(5)+5+3+1+3=14
2. Alba Trigo (RCN Sanxenxo), 7+5+2+1+(10)+3+1=19
3. Jacobo García (RCN Sanxenxo), 4+2+3+(12)+6+5+10=30
4. Jorge Tabara (RCN Coruña), 3+3+1+8+7+(14)+12=34
5. Santiago Moreno ( RNC Vigo), 5+11+9+(14)+8+4+2=39
… 54 clasificados

Clasificación xeral FINAL Cto. Galego de Optimist – Grupo Prata

1. Jaime Wizner (RCN Vigo) (DNC)+10+1+1+1=13
2. Julio Tojo (RCN Portosín), 2+(12)+5+2+11=20
3. Guillermo Núñez (RCN Vigo) (DNC)+15+3+3+4=25
4. Carlos Bermúdez de Castro (CM Oza – O Puntal), (DNC)+4+9+9+8=30
5. Anxo Carril (MRCY Bayona), (DNC)+17+12+10+5=44
… 77 clasificados

18 de febreiro de 2015 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.