O Punto Limpo Móbil do Concello de Ourense entra en funcionamento o luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense pon en marcha desde este luns, 16 de febreiro de 2015, o punto limpo móbil, que terá sete zonas de recollida na cidade. O obxectivo do novo servizo é facilitar á cidadanía a reciclaxe de pequenos residuos xerados no fogar, sen necesidade de desprazarse a un punto limpo fixo.

Poderán depositarse residuos como aparellos eléctricos, e electrónicos, pilas, mobles e enseres voluminosos, papel e cartón, radiografías, restos de pintura, tintas e disolventes, aerosois, lámpadas e tubos fluorescentes, vidro plano, aceite usado de automoción, roupa e calzado, madeiras, metais e aceite usado vexetal.

13 de febreiro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.