O PSOE de Ferrol critica a visita da ministra de Fomento e reclámalle compromiso co dique flotante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

A secretaria de Organización do PSOE de Ferrol, Rosa Méndez, criticou este luns a visita da ministra de Fomento, Ana Pastor, á cidade departamental para “facerse a foto” e reclamoulle “compromiso” co dique flotante para Navantia.

A través dun comunicado de prensa, a socialista ferrolana cuestionou que a titular de Fomento visite esta cidade “a menos de 100 días” das eleccións municipais “tras anos de parálise” nos accesos ao porto exterior.

“Na pasada campaña estaba a facer exactamente o mesmo, sacándose a mesma foto,” censurou, dende o convencemento de que o PP pretende “tomar o pelo” aos ferrolanos. “Pero non o imos permitir”, apostilou.

Na mesma liña, Rosa Méndez requiriu aos populares que “por unha vez non mintan” a unha cidade que está “tan deprimida”. “Se queren comprometerse en serio, que o fagan co proxecto do dique flotante”, sentenciou.

23 de febreiro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.