O Prone Lugo sucumbe ante o Inter Movistar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Encontro Prone Lugo - Inter Movistar

Encontro Prone Lugo – Inter Movistar

Partido complicado o que debía afrontar o Prone Lugo F.S., pois visitaba Lugo o líder da competición, o Inter Movistar. Os homes de Manolo Vázquez eran coñecedores da dificultade do encontro, pero tamén sabían que era un bo partido para devolver unha boa imaxe aos seus afeccionados logo da dolorosa derrota de Jumilla.

O partido comezou con moita igualdade e ocasións para os dous equipos, que eran ben atalladas polos porteiros, aínda que o Inter na súa condición de líder e favorito era quen levaba o peso do partido. No minuto 9 Rivillos encargouse de romper a igualdade logo de bater a Illi, tivo o Prone as súas opcións para empatar pero non foi capaz de bater a Luís Amado. Quen si vería porta sería Ricardinho no minuto 19 para poñer o 0-2, resultado co que se chegaría ao descanso.

Saíu enchufado o Prone no segundo acto, e Antonio logrou bater a Luís Amado no minuto 21 logo dun aviso previo, tras unha boa xogada de estratexia dos de Manolo, pero a partir dese momento o Inter apertou o acelerador e foi un rodillo demoledor ante os lucenses, logrando anotar 6 goles, algún de bela factura, e tendo máis ocasións, ante un Prone que o intentou de todos os xeitos posibles pero nada puido facer ante o líder que levou o marcador ata o definitivo 1-9.

21 de febreiro de 2015 | 21:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.