O Prone Lugo F.S. traballa para sumar este sábado na casa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Prone Lugo comeza este luns a preparar o partido do vindeiro sábado (18:00 horas – Pavillón Municipal de Lugo) ante o Aspil Vidal Ribera Navarra, logo de lograr puntuar na súa visita ó Santiago Futsal.

Tras conseguir puntuar a domicilio por segunda xornada consecutiva os xogadores de Manolo Vázquez centran os seus esforzos en poder dar una alegría os seus afeccionados en forma de puntos, continuando có bo nivel de xogo mostrado no anterior partido como local ante o Jaén. En principio o técnico local espera poder contar con todo o seu plantel para o encontro.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 2:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 3:

10:30 horas: Sesión Física (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Mércores 4:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 5:

18:45 horas: Sesión Vídeo (Municipal)

19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Venres 6:

10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Sábado 7:

18:00 horas: Prone Lugo F.S. – Aspil Vidal Ribera Navarra

Domingo 8:

Descanso

2 de febreiro de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.