O Prone Lugo F.S. logra os primeiros puntos no municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Encontro Prone Lugo - Ribera Navarra

Encontro Prone Lugo – Ribera Navarra

Buscaba o Prone Lugo F.S. darlle unha alegría á súa afección en forma de puntos, logo de logralo nas súas dúas últimas citas lonxe do Municipal. En fronte un Aspil Vidal Ribeira Navarra que busca asentarse entre os oito primeiros da clasificación, pero con moitísimo traballo e empeño logrouno.

A primeira metade presentouse moi igualada, e para nada reflectiu a diferenza de puntos existente entre ambos equipos. A primeira ocasión clara de gol non chego ata o minuto cinco e foi obra de Hamza, pero o seu remate foise alto. A partir dese momento empezaron a sucederse as ocasións para o Prone Lugo F.S., tívoa Cospe, que reaparecía logo de catro meses lesionado, nunha contra pero o seu remate atallouno Molina. No minuto 11 chegou a máis clara do Prone, tras unha xogada persoal Alex Diz cedeu a Antonio Diz pero o seu remate foise á madeira. Os locais seguíano intentando con continuas chegadas, do mesmo xeito que os visitantes, que o intentaban con disparos afastados. Cando restaba menos dun minuto para o descanso Hamza aproveito un erro da defensa local para romper a igualdade e poñer aos seus por diante, resultado co que se chegaría ao intermedio.

O inicio da segunda metade apenas diferiu do que fora a primeira, os dous equipos queríano intentar en ataque pero sen arriscar na defensa, pero no minuto 23 o infortunio volveuse a cruzar no camiño dos lucenses, e tras un saque de banda o balón rebotaba en Manuel María e introducíase na portería de Óscar Iglesias sen que este puidese facer nada por evitalo. A raíz do gol visitante os de Manolo Vázquez estiráronse un pouco en busca da remontada, pero Ribeira Navarra sabía como defenderse, ata que no minuto 32 Antonio Diz aproveito un bo servizo de Óscar Iglesias para bater a Molina e poñer o 1-2 no marcador. Non cesaron no seu empeño os lucenses, e dous minutos despois do gol de Antonio Diego Núñez tivo unha gran oportunidade para igualar o partido, pero Molina desviou o seu remate. Un máis tarde no 35 Iago Rodríguez executaba á perfección unha falta desde 10 metros para bater a Molina e devolver as táboas ao marcador para alegría da afección lucense. A falta de 3 minutos para o final intentábao Pato poñendo a David de porteiro xogador, e sairíalle ben pois no 38 o propio David lograba o 2-3. Nese momento quen o intentaba de 5 era Manolo Vázquez con Nacho Pedraza como porteiro xogador, e cando quedaba pouco máis de medio minuto para o final Antonio Diz devolvía a igualdade a marcador. Cando quedaban 24 segundo Iago Rodríguez roubaba o balón e encaraba portería, pero os árbitros cortaron a acción sen aplicar a vantaxe, que era moi clara. Así se chegaba ao final dun partido moi igualado, que puido caer ao lado dos lucenses si non fose polo erro arbitral na última acción.

7 de febreiro de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.