O Prone Lugo F.S. busca o estreo na casa
O Prone Lugo F.S. recibe mañá (18:00 horas- Pavillón Municipal) ao Aspil Vidal Ribeira Navarra coa intención de poder puntuar como local, do mesmo xeito que fixo nos seus últimos partidos como visitante. A última xornada como local ante o Jaén os de Manolo Vázquez mostraron unha boa imaxe, pero unha serie de erros infantís priváronlles de sumar os seus primeiros puntos actuando como locais. Na pasada xornada lograron sacar un punto do derbi ante o Santiago Futsal e volver puntuar lonxe do Municipal por segunda xornada consecutiva, logo de lograr a vitoria na súa viaxe a Tenerife. En fronte mañá estará o Aspil Vidal Ribeira Navarra, que marcha sexto na clasificación con 34 puntos, oito máis que o Burela que é noveno, polo que tratasen de puntuar para seguir na súa loita por finalizar entre os oito primeiros.
Para esta cita o técnico local terá a baixa de Rubén Mouriz, pero recupera a Cospe, que volve a unha convocatoria logo de lesionarse o 27 de setembro ante o Uruguay Tenerife na terceira xornada de Liga.
Convocatoria Prone Lugo F.S.: Óscar Iglesias, Cospe, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Nacho Pedraza, Antonio Diz, Alex Diz, Javi Río, Illi, Manuel María, Jose López e Diego Fente.











