O prazo para anotarse nun Curso de Atención ao Cliente e Fidelización para profesionais do comercio está aberto ata o 17 de febreiro
A Concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira organiza un Curso gratuíto de Atención ao Cliente e Fidelización dirixido a profesionais do sector do comercio que terá entre o 24 de febreiro e o 15 de abril e que conta cun total de 40 horas formativas. Está previsto desenvolver dez horas teóricas iniciais no Fórum Carballo, outras 20 horas de prácticas nos establecementos comerciais no mes de marzo e por último outras 10 horas para rematar coa acción formativa no Fórum durante o mes de marzo. A OPE planificou o curso, que conta con 20 prazas, para responder ás solicitudes dos propios traballadores e propietarios dos establecementos comerciais da vila. Os interesados e interesadas en anotarse poden informarse no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, barrio da Milagrosa) en horario de oficina ou no correo <paulalema@carballo.org>. Tamén chamando ao teléfono 981 709 013. O prazo de inscrición está aberto até o martes 17 de febreiro.











