publicidade hoxe

O polideportivo de Pontecarreira xa dispón de bancadas para máis de 120 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFrades
A-
A+
Diego Calvo na visita ao polideportivo

Diego Calvo na visita ao polideportivo

O polideportivo de Pontecarreira, en Frades, xa dispón de dúas bancadas para o público. A Deputación da Coruña financiou este proxecto tras asinar o pasado ano un convenio de colaboración entre o presidente provincial, Diego Calvo, e o alcalde de Frades, Roberto Rey.

As instalacións están na parroquia de Gafoi e a pesar de tratarse dun polideportivo cuberto, carecía de gradas para permitir a asistencia de público. Así, tras a comunicación por parte do alcalde desta carencia, a Deputación decidiu asumir este novo compromiso co concello e investir 29.690,74 euros para resolver esta situación.

Unha vez instalada a estrutura, con capacidade para 124 persoas, o titular provincial acudiu nos últimos días ao concello para ver, xunto a Roberto Rey, o resultado da actuación que, dende agora, xa poden utilizar os veciños e veciñas de Frades.

De feito, Calvo aproveitou a visita para animar a todos os residentes do entorno darlle utilidade a esta mellora, feita pensada por e para eles.

2 de febreiro de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.