O Pleno de Vigo aproba unha modificación de crédito de 3,4 millóns para as obras de Balaídos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Todos os grupos apoiaron esta mañá unha modificación orzamentaria de 3,4 millóns para continuar coas obras de remodelación de Balaídos. A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, defendeu esta rehabilitación moi necesaria “nun dos buques insignia da cidade”.

O goberno local sacou adiante unha modificación de crédito de 3,4 millóns de euros para continuar coas obras de rehabilitación de Baladídos, que xa comezaron coa reforma de Río. A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, foi a encargada de defender una iniciativa que ten por obxectivo a rehabilitación “dun dos buques insignia da cidade”, para que ocupe o lugar que merece xa que, segundo precisou, o estadio ten un recoñecemento social fora de Vigo que “cada euro que se invirte nel, revirte na cidade multiplicado por tres”. Durante a súa intervención, Silva lembrou que o proxecto inclúe, ademais da remodelación do campo, a humanización de todo o entorno e o arranxo das pistas de atletismo, que serán sufragadas pola Xunta de Galicia. Esta modificación do orzamento recibiu esta mañá o respaldo de todos os grupos do Pleno.

23 de febreiro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.