O pleno de Poio debaterá a creación dun plan de emprego feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A instancia do Grupo Municipal do BNG de Poio, o Pleno da Corporación debaterá a moción polo 8 de marzo, día internacional da muller, na que demandamos a creación dun plan de emprego feminino.

LIÑAS XERAIS DA SITUACIÓN DAS MULLERES GALEGAS

1. Sete de cada dez empresas novas en Galiza foron fundadas por homes.

2. Case 60.000 mozas galegas tiveron que emigrar desde o inicio da crise.

3. As mulleres que teñen un traballo remunerado dedican unha media de dúas

horas máis que os homes ás tarefas domésticas cada día.

4. A crise aumentou a parcialidade e temporalidade das mulleres traballadoras.

5. A crise dispara o risco de exclusión social entre as mulleres galegas

6. Só o 18% das empresas galegas de novas tecnoloxía contan con mulleres na direccion.

7. As excedencias para o coidado de menores e familiares dependentes son solicitadas en máis do 95% dos casos polas mulleres.

RECENTES ESTUDOS MOSTRAN QUE :

As mulleres teñen que traballar 80 días máis que os homes para percibiren o mesmo soldo.

As mulleres galegas teñen que traballar 80 días máis (cunha referencia de 251 días laborais) que os homes para percibir o mesmo soldo, segundo un informe sobre a desigualdade salarial por sexos en Galiza. Desde o ano 2009 até 2012 en 3,6 puntos

(24,2% de media anual), segundo os últimos datos da enquisa anual de soldos do INE. Con respecto ao Estado español (23,93%), Galiza supera a media en 0,25 puntos. Así, para que ambos os dous obtivesen o mesmo soldo, tería que incrementarse o delas nun 31,88%, posto que eles reciben 873,36 euros máis.

Canto aos ingresos medios en todas as comunidades españolas as mulleres cobran menos que os homes. En Galiza, elas perciben o soldo máis baixo no conxunto do Estado español, cun total de 2.810,18 euros menos con respecto á media española (-14,38%).

Por outra banda, as galegas tamén gañan menos por hora traballada (11,02 euros/hora), cunha diferenza de 2,34 euros respecto aos homes.

Respecto aos países da eurozona, o Estado español ocupou en 2012 o quinto lugar na listaxe dos países coa fenda salarial máis elevada (19,3 puntos), por detrás de Estonia (30,0), Austria (23,4), Alemaña (22,4) e Eslovaquia (21,5). Así mesmo, esta distancia incrementouse desde o ano 2008.

24 de febreiro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.