O Plan de Investimentos de Ourense permitirá acometer melloras en medio cento de rúas da cidade e do perímetro rural
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, a concelleira de Infraestruturas, Juana Ageitos, o edil de Facenda, José Ángel Vázquez Barquero, e os concelleiros/as do Partido Popular Belén Iglesias e José Luis Valcarce visitaron esta mañá as obras de adecuación do firme da rúa Vasco Díaz Tanco, que está a executar o Concello. Una obra solicitada por parte da veciñanza do barrio da Cuña, que consiste básicamente no fresado e extensión de nova capa de aglomerado para mellorar o estado do firme, que se atopaba deteriorado polo uso. As obras supoñen un investimento de 60.223,45 euros e estarán rematadas nun prazo dunhas 2 semanas.
A intervención nesta rúa do barrio da Cuña forma parte do Plan de Investimentos que desenvolve o Concello de Ourense, que prevé a execución de intervencións de adecuación e mellora de medio cento de rúas e outros espazos públicos na cidade.
A día de hoxe, o Concello xa iniciou a execución das obras de adecuación do acceso ao campo de fútbol de Velle (57.820), adecuación da rúa Jose Gil (29.520), adecuación da rúa Cantareliñas (59.996) e adecuación da rúa Sánchez de Arteaga (54.100 euros). Nos próximos días comezarán tamén as de adecuación de rúas da Carballeira (Camiño Vello Barbadás, rúa Loureiro e Vázquez Mella, 37.734 euros).
O Plan de Investimentos continuará desenvolvéndose nas vindeiras semanas, con novas intervencións. A día de hoxe, está xa adxudicada a execución de obras de adecuación da Finca Cerviño, Camiño do Rouso, Camiño de Cortizo e rúa da Petanca, ampliación e mellora da rede de abastecemento: Santa Cruz de Arrabalado-rúa Priorato, Cardenal Quevedo, no tramo comprendido entre Xaquín Lourenzo e Celso Emilio Ferreiro), rúa Ceboliño a urbanización Monterrei, rúas da Cruz Alta, camiño do Cerquiño, Carballo Calero e tramo da rúa Serra do Eixo, rúa do Campo e pista Vilar de Astrés, adecuación de ramal en Madrosende, adecuación de acceso a Esparreliña, adecuación de curvas da estrada a Paradela, rúa Cruceiro-Beiro, Cantareliña, Xoán de Nóvoa e Xunqueira de Espadañedo, San Tomé, Acibeiro, Bamio e Prado, Amieiro, Nogueira e Rabo de Galo, rúas do Xazmín, do Millo, das Poutigas e Valdegola, Manuel Murguía e Nosa Señora da Saínza. Todas estas obras están xa adxudicadas e suporán un investimento total de 1.149.441,70 euros. Os investimentos oscilan entre os 60.000 euros das de adecuación da rúa Vasco Díaz Tanco, a de Xoán de Novoa – Xunqueira de Espadañedo, e da rúa Nosa Señora da Saínza, ata os 7.218 da adecuación de rúa Carballo Calero e tramo da rúa Serra do Eixo ou os 11.874,29 dos da rúa Acibeiro.
En proceso de adxudicación atópanse outros 8 proxectos, os de adecuación da rúa do Grupo (Regoufe) e camiño da Pedra-Velle, adecuación de rúa Vera Real, rúa Curro e camiño de Riazón-Seixalvo, rúa Albaredo, adecuación do camiño do Sobreiral, camiño Vagalume e accesos Cacabelos-Untes, adecuación das rúas das Mimosas e Monte Pilo, do camiño da beira do regato, en Eirasvedras, a adecuación da rúa Escura-Tarascón e do Pombal, e adecuación da rúa compositor Anxel Barxa. Todas elas teñen un importe conxunto de 356.340 euros, con investimentos que oscilan entre os 58.313 euros, no caso do proxecto en Sobreiral, camiño Vagalume e accesos Cacabelos-Untes, e os 21.521,12 da rúa Albaredo.











