O plan de asfaltados vilagarcián esténdese a Trabanca Badiña e á rúa Santa Eulalia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O plan de mellora da rede viaria municipal entra esta tarde nunha nova fase, co asfaltado de rúas que non estaban incluídas no programa inicial pero nas que se actuará grazas ás melloras ofertas pola empresa adxudicataria. Esta tarde Covsa comeza a traballar en Trabanca Badiña e ao remate proseguirá por Santa Eulalia.

A ampliación dos asfaltados recollidos no Plan municpa faise cos 5.500 metros cadrados a maiores que asume a firma sen cueste nengún para o Concello.

O tempo seco e soleado destes días permite avanzar os traballo que esta tarde se desprazas a Trabanca Badiña onde se empezará a fresar o tramo de rúa que vai entre a rotonda de acceso ao polígono industrial ea Rua Magnolio. Esta última xa se asfaltou hai unhas semanas no marco deste mesmo plan. A previsión é que o fresado se conclúa hoxe mesmo, para proceder mañá á botar o conglomerado quente.

Os traballos continuarán de sgeuido pola Rúa Santa Eulalia, onde hoxe xa comenzaron a instalarse vallas e avisos aos veciños e usuarios.

Ademais de comprometer o asfaltado de 5.500 metros cadrados en tramos non recollidos no proxecto (coa realización de fresado, rego con adherencia e pavimentación), a empresa tamén inclúe a maiores o pintado das marcas viarias nunha superficie total de 450 metros cadrados (isletas, pasos de peóns…), o pintado de 1.000 metros lineais de liñas viarias, así como a execución de dous pasos de peóns elevados a maiores dos recollidos no documento.

10 de febreiro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.