O parque vial do Pontiñas acollerá unha experiencia piloto sobre a efectividade no coñecemento, aptitudes e conductas dos alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
O alcalde de Lalín no parque vial infantil

O alcalde de Lalín no parque vial infantil

O circuíto de Educación Vial situado ao pé do Pontiñas xa está homologado pola DGT e ten aprobado provisionalmente o seu regulamento de uso –foi aprobado no pleno do pasado mes de xaneiro-, pendente do visto bo defintivo da DGT e da publicación do texto regulador no BOP en breve período de tempo.

O alcalde de Lalín, José Crespo, e a xefa provincial de Tráfico en Pontevedra, María Isabel Alonso, mantiveron onte unha xuntanza no Concello de Lalín e posteriormente visitaron o circuíto de Educación Vial situado ao pé do Pontiñas que xa está homologado pola DGT e que ten aprobado provisionalmente o seu regulamento de uso –foi aprobado no pleno do pasado mes de xaneiro-, pendente do visto bo defintivo da DGT e da publicación deste texto regulador no BOP en breve período de tempo. No transcurso da reunión, Isabel Alonso avanzou que o circuíto lalinense será o escenario dunha experiencia piloto a nivel nacional sobre a efectividade da utilización dos parques infantís de tráfico.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

Na reunión e visita, participaron ademais a coordinadora de Educación Vial da DGT en Pontevedra, María Helena Rodríguez, a Coordinadora de la Unidad de Intervención Educativa del Centro Superior de Educación Vial de Salamanca, Violeta Manso, o concelleiro de Tráfico, Camilo González, técnicos da DGT e os responsables de Protección Civil, Víctor Blanco, da Policía Local de Lalín, Jesús López, e os monitores Manuel Montoto e Tito Fuentes quenes estiveron a abordar as distintas actividades que se pretenden realizar polo Concello en colaboración directa ca DGT.

Na xuntanza, a Xefa Provincial comunicou ao alcalde que “a DGT ten previsto desenvolver no circuíto lalinense, unha vez empece a funcionar en breves datas, una experiencia piloto a nivel nacional que permita avaliar a efectividade da utilización dos parques infantis de tráfico nos comportamentos viais dos escolares”. Este estudio realizarase, “de xeito de pioneiro, no Parque Infantil de Tráfico de Lalín, unha vez que, trala aprobación por parte de la DGT do Regulamento que rixe o seu funcionamiento, se inicie a súa actividade en vindeiras datas”. Con esta experiencia pioneira no Estado tratase “de analizar o grado de mellora nos coñecementos, aptitudes e conductas dos alumnos que acudan ao circuito a recibir formación en educación vial ao parque lalinense”, explicou a xefa territorial.

FORMACIÓN AOS MONITORES

A colaboración entre Concello e DGT extenderase non só no eido deste programa pioneiro xa que tamén haberá actividades da propia DGT, préstamos de materiais formativos e vehículos para a súa utilización no circuito e, por suposto, na formación e reciclaxe do persoal municipal que se encargará de impartir os cursos e actividades de formación no parque vial lalinense.

25 de febreiro de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.