O novo Presidente do Comité Galego de Árbitros presentouse ante os colexiados coruñeses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación do novo presidente

Presentación do novo presidente

O novo Presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol ( CTGAF ) D. Fernando Iglesias Figueroa visitou onte, luns 9 de febreiro, a Delegación de Árbitros da Coruña. O máximo dirixente da arbitraxe galega foi calorosamente recibido por todos os compoñentes da organización arbitral coruñesa nunha Aula que quedou pequena ante o gran número de asistentes. Os árbitros herculinos mostráronse ilusionados co novo mandatario do colectivo galego, quen atesoura anos de experiencia como colexiado e delegado. Acompañáronlle na súa presentación o Delegado da Coruña D. Roberto Jallas Amigo e o resto dos directivos da delegación coruñesa, que conta con 200 árbitros en activo, unha das máis importantes de Galicia. O presidente do CTGAF deu a coñecer aos árbitros coruñeses o seu proxecto de futuro para a arbitraxe galega, respondeu a todas as preguntas que lle foron formuladas polos asistentes e avanzou o compromiso do Presidente da Federación Galega de Fútbol ( FGF ), D. Rafael Louzán Abal, de visitar a Delegación de Árbitros da Coruña e presentarse tamén ante os colexiados coruñeses, nunha clara demostración máis da proximidade e preocupación do máximo dirixente do fútbol galego por todos os estamentos que o compoñen.

10 de febreiro de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.