O Museo Municipal de Ourense acolle a exposición Sentindo a Madeira de Toño Monteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá o Museo Municipal foi de novo protagonista ao presentarse a exposición Sentindo Madeira, do artista Toño Monteiro. A mostra está composta por máis de cincuenta pezas de madeira, de troncos visiblemente mortos de onde arrinca a súa natureza artística procurando confrontar as formas toscas en formas sensuais e suaves, revolucionando ao noso sentir e busca como atopar a percepción e sensibilidade nos espectadores.

Na presentación estivo o artista, Toño Monteiro, acompañado da concelleira de Cultura, Ana Garrido, xunto coa Directora do Museo, Eva Torres e tamén o Director da Fundación Once de Ourense, Luis Dominguez García, que colabora coa exposición. O Museo Municipal albergará Sentindo a Madeira ata o mes de abril.

26 de febreiro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.