O Ministerio premia a área de igualdade de Vilagarcía polo traballo de prevención da violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía vén de recibir un novo recoñecemento pola labor que está a realizar dende hai anos no eido da Igualdade e a loita contra a violencia de xénero. O Concello de Vilagarcía foi unha das 10 entidades locais distinguidas en todo o territorio español no Concurso de Boas Prácticas Locais contra a Violencia de Xénero convocado pola secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, polo programa de Obradoiros preventivos que leva a cabo co alumnado da ESO.

O Ministerio de Sanidade, servizos Sociais e Igualdade comunicou hai uns días mediante carta dirixida ao alcalde a concesión do premio convocado pola Secretaría de Estado en colaboración doa Federación Española de Municipios e Provincias. O galardón corresponde aos Obradoiros de sensibilización en Igualdade de Xénero e de Prevención da violencia de xénero que o departamento que dirixe Ángeles Rodríguez desenvolve dende hai anos nos centros educativos de Secundaria do municipio.

“Unha das mellores valoradas” de toda España

Segundo sinala a secretaria de Estado, Susana Camarero Benítez, na súa misiva, a acción de Vilagarcía foi “una de las mejores valoradas”. A responsable estatal trasladou ao rexedor os seus parabéns polo premio e o agradecemento “por vuestra implicación y dedicación a la causa” salientado que a suma de esforzos e a implicación de todas as administracións é fundamental para acadar unha sociedade libre de violencia de xénero.

En recoñecemento desta importante labor, a Secretaría Xeral remitiu o Concello unha figura dunha Menina como símbolo do traballo para erradicar a violencia contra a muller. A responsable estatal tamén.

Unha actividade que se imparte dende hai anos

Os “Talleres de sensibilización en igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero” son unha actuación xa consolidada dentro da Área de Igualdade e constitúen un piar importantisimo na loita contra estas problemáticas. As encargadas de impartilos son a Pedagoga e a Axente de Igualdade e diríxense a todo o alumnado de cuarto curso da ESO dos centros educativos do municipio, así como a calquera outro curso que o centro considere oportuno.
Os obradoiros celébranse en época lectiva e o persoal municipal trasládase ás aulas para impartir as sesións. O pasado curso participaron neles un total 225 mozas e 175 mozos.
 
O obxectivo principal destes obradoiros é sensibilizar á adolescencia sobre a importancia da prevención da violencia de xénero co obxecto de chegar a erradicala.
 
Os contidos que se traballan van encamiñados a que o alumnado analice de maneira crítica os estereotipos de xénero; identifique as desigualdades entre mulleres e homes e analice o modelo de relacións afectivas dende esta perspectiva. Ademais, se lles facilitan ferramentas para poder identificar elementos dentro das súas propias relacións que poidan determinar si se trata dunha relación sá ou daniña.
 
Detectan un aumento de comportamentos machistas que non se perciben como tales

Segundo apuntan as técnicos da Área de Igualdade que imparten os obradoiros, nos últimos anos veñen percibindo un incremento no número de atencións realizadas a adolescentes. E a análise das diferentes situacións encontradas fai pensar que, pese aos modelos que se lles expoñen de relacións afectivas baseadas na igualdade, entre a mocidade máis nova estase a vivir un retroceso, en moitas ocasións, enmascarado con novas formas de comportamentos machistas dentro da parella e que non son percibidos como tal.
 
A Área de Igualdade se considera esencial continuar traballando con este grupo de idade xa que é necesario ofrecerlles os recursos suficientes para que adopten unha actitude crítica ante os modelos de comportamento que a sociedade lles impón en canto ao xénero.

3 de febreiro de 2015 | 15:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.