O mércores finaliza o prazo para inscribirse no concurso do Xoves de Comadres en Monforte
Ás 14:00 h do mércores día 11 de febreiro remata o prazo para inscribirse no concurso do Xoves de Comadres, organizado pola delegación de Cultura dentro dos actos do Entroido 2015 en Monforte. As solicitudes de inscrición para a participación no concurso presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, podendo anotarse, segundo o caso, nas seguintes convocatorias:
– centros de ensino
– parroquias, barrios e rúas do Concello
– Individuais
En cada un destes tres apartados establécense dúas modalidades: colectivo e individual.
Nas convocatorias de centros de ensino e individuais, tódalas Comadres inscritas concentraranse na Praza de España ás 17:30 h do xoves día 12, onde se darán a coñecer os premios e se procederá á queima das monecas.
Na convocatoria de parroquias, barrios e rúas do Concello, as comadres inscritas
colocaranse nos lugares elixidos polos participantes dende a primeira hora da mañá. O xurado visitaraas ata as cinco da tarde e dará a coñecer o resultado ó mesmo tempo que o da convocatoria de centros de ensino e individuais.
PREMIOS (por convocatoria):
Individuais
1º premio 65 €
2º premio 35 €
Accésit 18 €
Premio á etnografía 100 €
Colectivos
1º premio 95 €
2º premio 65 €
Accésit 30 €
Premio á crítica social 100 €
Dende a concellería de Cultura anímase á veciñanza a continuar coa tradición das Comadres, ben sexa participando no concurso organizado polo Concello ou á marxe do mesmo.











