O Magna Navarra logra vencer ao Burela Pescados Rubén

Encontro Magna Navarra – Burela Pescados Rubén
O Magna Navarra fixo valer o factor cancha e logrou vencer (4-1) ao Burela Pescados Rubén nun duelo intenso que se decidiu nos minutos finais. Ambos equipos saltaron ao templo de Anaitasuna con determinación aínda que nos primeiros compases os navarros levaron a iniciativa ante un conxunto galego que se foi asentando defensivamente co paso dos minutos. A solidez laranxa contrastaba coa súa pouca fluidez ofensiva aínda que Bellvert conseguiu adiantar aos mariñanos (0-1) no lanzamento dunha falta. A vantaxe do Burela Pescados Rubén foi neutralizada por Carlitos, finalmente protagonista do encontro cun hat-trick, e por Eseverri (2-1) ao transformar unha polémica falta. Con este resultado chegouse ao descanso e na segunda parte a igualdade de forzas mantívose entre dúas contrincantes que gozaron de ocasións para mover un marcador que entrou na recta final coa fotografía anterior (2-1). Cun Burela Pescados Rubén envorcado na procura do empate chegou o 3-1 dos navarros, obra de Carlitos no minuto 37, e xa con xogo de cinco por parte visitante Carlitos completou o seu hat trick no último minuto para situar o definitivo 4-1.











