publicidade hoxe

O luns acometerase a adaptación do centro de extensión de cobertura de Pazos para mellorar a recepción da tdt en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Tal e como lle confirmaron ao Alcalde de Ponte Caldelas dende a Subdirección Xeral de Medios da Xunta de Galicia, o próximo luns 9 de febreiro realizarase por parte da Oficina de TDT da Xunta, a adaptación do centro de extensión de cobertura de Pazos para poder recibir xa correctamente o sinal de TDT en grande parte do municipio.

Non se podía actuar neste centro de reemisión de Pazos ata que se resintonizase o centro matriz de Domaio, porque pola contra se perderían a maioría das canles. Agora está previsto que a actuación en Domaio sexa o domingo día 8, polo que xa o luns 9 se substituirán os equipos no centro de reemisión de Pazos para garantir unha correcta cobertura. Esta actuación estaba inicialmente programada para o 30 de decembro pero debido á prórroga acordada polo Goberno para a liberación de frecuencias, atrasouse agora para febreiro.

Segundo lle informaron o Alcalde, con esta actuación mellorarase o sinal de TDT e ampliaranse as canles que poderán recibir os veciños, incluíndo a alta definición (HD).

Para iso será necesario que se resintonicen os televisores o próximo luns unha vez finalice a adaptación dos equipos. Nalgúns edificios podería ser necesaria a resintonización das antenas, aínda que de todos os xeitos os instaladores do municipio xa foron informados dos cambios que se van realizar.

O alcalde de Ponte Caldelas Perfecto Rodríguez mantívose en contacto directo estes meses coa Secretaría Xeral de Medios así como cos técnicos pertencentes á Oficina de TDT da propia Xunta co fin de que o proceso de resintonización da Televisión Dixital Terrestre (TDT) se realice no municipio dun xeito óptimo e coa maior calidade posible.

6 de febreiro de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.