publicidade hoxe

O laboratorio Dr Oliver Rodés analiza a auga do manancial das Lombas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+
Análise da auga do manancial das Lombas

Análise da auga do manancial das Lombas

O Concello de Catoira encargoulle ó prestixioso laboratorio Dr. Óliver Rodés unha completa análise da auga do manancial das Lombas, co fin de confirmar e certificar as súas propiedades mineiro-medicinais.

O alcalde, Alberto García, acompañou onte ó doutor Antoni Borrell, responsable de augas envasadas e de balnearios e director científico e de innovación do laboratorio catalán, ata as inmediacións do pozo para tomar mostras e medir a temperatura da auga, xa que a principal esixencia das augas mineiro-medicinais é que teñan unha temperatura e unha composición estables, segundo indicou o técnico.

O doutor Borrell fixo varias medicións e análises in situ, xa que algunhas propiedades varían durante o traslado das mostras. Así, procedeu a analizar a cantidade de minerais, osíxeno disolto, dióxido de carbono, Ph,  nitritos, cloro e amonio. Á espera dos resultados de outras determinacións e da microbioloxía, que se realizan en laboratorio, o especialista estima que se trata dunha auga mineral e sulfurosa.

10 de febreiro de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.