O Jofre acolle o estreo da ópera de Giuseppe Verdi “Un baile de máscaras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A prestixiosa compañía de espectáculos líricos Ópera 2001 estrea a súa nova obra operística “Un baile de máscaras” o vindeiro xoves, día 19, no Teatro Jofre. Este primeiro espectáculo da xira dará comezo ás 20:30 horas e forma parte da programación escénica elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. A voceira do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros, presentou esta mañá o estreo desta ópera en tres actos acompañada polo director artístico, Luis Miguel Lainz; a soprano, Pauline Rouillard; e a mezzosoprano, Liliana Mattei.

Aneiros Barros destacou a internacionalidade da compañía lírica “que busca manter vivas as obras máis famosas do repertorio operístico co fin de que a mocidade aprenda a amalas en vivo, nos escenarios dos teatros”. Así mesmo, salientou o importante número de artistas e persoal técnico -arredor dun centear- que está en Ferrol dende o pasado venres realizando a montaxe e os ensaio previos ao estreo da xira que levará “Un baile de máscaras” por toda España e Francia.

Pola súa banda, o director artístico sinalou o bo equipamento técnico co que conta o Teatro Jofre, ao tempo que agradeceu a gran acollida que tiveron cando chegaron á cidade. Luis Miguel Lainz explicou que esta nova producción operística “ten todos os elementos para quedar abraiado con ela: escenografía, música, vestuario…”.

A trama desta ópera verdiana entremezcla celos, vinganza, amor e morte; e está basada na historia da asasinato do Rei de Suecia. O director artístico tamén destacou os baixos prezos das entradas para poder gozar deste espectáculo, que oscilan entre os 18 e 30 euros, e que aínda poden ser adquiridas a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural) ou no despacho do teatro municipal.

16 de febreiro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.