O infantil A do Burela gozará da minicopa de España 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O equipo Infantil A do CD Burela FS Pescados Rubén, dirixidos por Mario Pillado e Christian Fustes, gozará da Minicopa de España Cidade Real 2015 baténdose ao Inter Movistar en cuartos de final ao Inter Movistar, o venres 13 de marzo.

A Minicopa Infantil de Fútbol Sala celebrarase de forma paralela á XXVI Copa de España Cidade Real 2015 coa participación dos equipos infantís dos oito clasificados para o torneo. Un atractivo máis que rodeará a Copa de España e que estará aberto a todos os públicos, onde os equipos se verán as caras na localidade manchega do 13 ao 15 de marzo, para dilucidar cal é a mellor escuadra infantil de Fútbol Sala do país, nunha competición cuxas Semifinais e Final se poderán ver en directo en www.lnfs.es.

10 de febreiro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.