O grupo Tulsa presentará o seu novo álbum ‘La calma chicha’ en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Tulsa

Tulsa

Tulsa, a banda liderada por Miren Iza, presentará o seu novo álbum, titulado ‘La calma chicha’, o próximo sábado día 28 de febreiro no Kuntshalle, en Santiago de Compostela.

O disco deste grupo, que ten outros dous publicados ata a data (‘Solo me has rozado’, 2007 e ‘Espera la pálida’, 2009), saíu á venda en formato CD, vinilo e descarga dixital o pasado 19 de xaneiro.

A Miren Iza defínea a crítica como unha creadora “profunda e xenuinamente persoal, capaz de combinar rexistros suaves e cálidos xunto a unha faceta máis áspera, pero sempre emocionante, que parte do rock de autor para acabar alcanzando xéneros e revoltas inesperados”, segundo apunta a organización do concerto.

Tras un período residindo en Nova York e un EP dixital editado en 2012 (‘El ignonauta’), Tulsa presenta un terceiro LP que supón un xiro creativo na súa carreira.

E é que ao seu particular universo lírico engádenselle agora texturas electrónicas, caixas de ritmos, sintetizadores e outros cachivaches que compoñen un son “contemporáneo, onírico e sempre cativador”, sinalan os organizadores.

En directo, Tulsa trasladan novas e vellas cancións en formato trío, unindo a personalidade de sempre do proxecto co novo xeito de entender a música.

“LA CALMA CHICHA”

“Cando o vento non sopra, no mar reina a calma chicha e o movemento convértese nunha ilusión. Neste estado de calma chicha, nesa espera, ás veces prácida e ás veces tumultuosa, teceuse un disco con espírito artesanal e cálculo milimétrico”. Así describe Miren Iza, alma mater de Tulsa, o seu terceiro traballo.

“Charlie Bautista, Carasueño e eu dedicámonos en anacos soltos ao longo dun ano a descubrir e a gravar estas nove cancións, escritas entre Nova York, Madrid e Hondarribia e que falan das paixóns máis efémeras. Coa premisa de non facer caso ao calendario e de guiarnos polo puro pracer, encerrabámonos no estudio caseiro de Carasueño cunha retahíla de ‘plugins’ e ‘samplers’ para construír unha a unha, son a son, estas cancións que son froito dun intentode alixeirar, o paso e todo en xeral. O corazón é o mesmo, as inmediacións son outros”, engade.

12 de febreiro de 2015 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.