O grupo teatral do asteleiro representa a súa obra “Oé, oé, oé” no Centro Cívico de Caranza
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza o vindeiro domingo, día 1 de marzo, unha nova representación escénica no Centro Cívico de Caranza dentro das xornadas abertas a agrupacións de afeccionados “Domingos de Teatro”. Esta actuación correrá a cargo de Teatro do Asteleiro e a súa obra “Oé, oé, oé”. A función comezará ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza e será gratuíta.











