O goberno vigués avanza na remodelación de tres quilómetros da estrada Matamá-Pazó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde de Vigo inspeccionou hoxe xoves o estado dos traballos de mellora dos máis de tres quilómetros do vial, desde a Estrada de Camposancos ata Leonardo Alonso, “mostra da nosa acción no rural”. Acompañado, entre outros, polo concelleiro de Fomento, David Regades, Abel Caballero explicou que ademais de asfaltar toda a rúa, renovouse a sinalización horizontal.

O rexedor vigués indicou que esta obra de “asfaltado, humanización e remodelación” da estrada, con máis de tres quilómetros de lonxitude, é “a mostra da nosa acción no rural”, que inclúe a renovación da sinalización horizontal e o recrecido de alcantarillas. Caballero concluíu que “esta é a nosa forma de actuar”, con traballos de humanización tanto no centro coma no casco urbano, nas parroquias e no rural.

O Concello avanza nas obras de asfaltado da rúa, no tramo que vai desde a Estrada de Camposancos ata a rúa Leonardo Alonso, completando así os traballos de mellora que xa se realizara nesta rúa e en Canteiros (ata chegar a Castrelos). Estas obra realizáronse con persoal municipal.

19 de febreiro de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.