O Goberno provincial e a Cámara de Comercio identifican como obxectivo único Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao comité executivo da Cámara de Comercio, que preside Juan Carlos Parada. Na xuntanza, Deputación e Cámara de Comercio identificaron como obxectivo común: Ourense, poñendo de manifesto o presidente do goberno provincial “o interese por apostar pola Cámara sempre e cando o empresariado de Ourense a xulgue útil para a provincia”.

Na reunión de traballo avaliouse moi positivamente a volta da Deputación ao padroado da Fundación Feiras de Exposicións de Ourense cunha achega en 2015 de 120.000 euros dos orzamentos provinciais.

Deputación de Ourense e Cámara de Comercio xa veñen traballando conxuntamente en iniciativas de emprendemento como os cursos postos en marcha dende o Inorde e a Fundacion INCYDE. Juan Carlos Parada valorou satisfactoriamente os esforzos da Deputación no Plan “Transforma Ourense” “como dinamizador económico e xerador de emprego, apoiando ás pemes, autónomos e à internacionalización das nosas empresas”.

Pola súa banda, Manuel Baltar comprometeu apoio económico para a Cámara “no desenvolvemento de accións comúns que xiren sobre os intereses da provincia, unha vez que o empresariado ourensán apoie o futuro da entidade”.

23 de febreiro de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.