O goberno de Vigo concluirá a segunda fase da humanización da rúa Toledo nun mes
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos de humanización que executa o goberno local na rúa Toledo, nunha segunda fase que vai desde Mestre Soutullo ata Leandro Alonso Martínez.
O Concello inviste case 200.000 euros nesta reforma, que concluirá no prazo dun mes. Antes da obra, explicou Caballero, a rúa Toledo presentaba “serios problemas de saneamento e abastecemento” de agua, que serán solventados coa humanización en marcha, e tiña ademais un estreitamento no vial que foi resolto co retranqueamento dun muro para dar continuidade á beirarrúa.
Caballero salientou que a de Toledo é “unha humanización como corresponde”, con renovación das redes de canalización soterradas, a instalación de novas redes de rego e alumeado público, o soterramento das liñas aéreas existentes e con novos puntos de luz, xardineiras e papeleiras.











