O fin de semana comezan as competicións de atletismo en pista do XOGADE
Unha vez concluída a tempada XOGADE de campo a través, os atletas da Escola Municipal de Atletismo, da Sociedade Ximnástica, afrontan o próximo fin de semana as primeiras xornadas das competicións de atletismo en pista.
Os benxamíns e alevíns desprazaranse a Vigo, o sábado para sumar as súas primeiras actuacións do XOGADE e o domingo en Vilagarcía de Arousa, será a quenda para os infantís.
Ademais do domingo, as xornadas infantís celebraranse o día 14 de marzo en Vigo, o 11 de abril en Vigo e o 25 de abril en Pontevedra o 21 de marzo en Pontevedra, 18 de abril en Pontevedra e 26 de abril en Vigo; desenvolveranse as probas das categorías benxamín e alevín.
Os Campionatos Provinciais, aos que acudirán as 16 mellores marcas das fases previas, disputaranse o 9 de maio, a categoría infantil en Pontevedra; o 16 de maio a categoría cría en Vilagarcía e o 30 de maio a categoría benxamín en Cangas.
O curso pasado os atletas da Sociedade Ximnástica, sumaron 32 medallas nos Campionatos Provinciais.











