O estacionamento do parque dos Condes permanecerá pechado o venres
A concellería de Tráfico informa que debido á realización de obras de mellora no aparcadoiro público situado no Parque dos Condes, este permanecerá pechado ós vehículos dende a noite do xoves día 19 e ata a mañá do sábado día 21 de febreiro. Os traballos de mellora consistirán en repasar o firme do aparcadoiro e en tapar as fochancas existentes no mesmo.
Para levar a cabo estas actuacións resulta preciso pechar o estacionamento durante toda a xornada do venres día 20 de febreiro. Dende as doce da noite do xoves e ata primeira hora da mañá do sábado non se poderá aparcar no estacionamento do parque dos Condes.
Dende a Concellería de Tráfico lémbrase á cidadanía que permanece operativo o aparcadoiro da rúa Sarria, e que tanto nesta rúa como en Escultor Francisco Moure, ambas próximas ó aparcadoiro e ó centro urbano, existen prazas de estacionamento.
Dende esta delegación pídense desculpas polas molestias que poideran ocasionarse.











