O equipo do Santiago Futsal reincorpórase ao traballo e xa pensa en Uruguai Tenerife
O equipo do Santiago Futsal regresou esta mañá ao traballo, e xa prepara o encontro do venres en terras tinerfeñas ante Uruguai Tenerife. Tras o empate conseguido ante Prone Lugo AD no ‘derby galego’ da 20ª xornada (4-4), os de Santiago enfróntanse agora á súa segunda proba consecutiva na loita pola permanencia de xeito matemático. Co empate ante o equipo lucense e o punto sumado, Santiago Futsal aséntase na duodécima posición da táboa, con vinte puntos, once por enriba do penúltimo clasificado, posición que ocupa o seu rival deste venres. O conxunto dirixido por Santi Valladares viaxará o venres a terras tinerfeñas onde se medirá a Uruguai Tenerife no Pavillón dos Deportes de Santa Cruz de Tenerife ás 21.30 h, horario peninsular.
Plan de traballo semanal
Luns 2 de Febreiro
9.30 h- Multiúsos- Preventivo + Táctico
16.45 h- Multiúsos- Táctico
Martes 3 de Febreiro
9.30 h- Multiúsos- Forza rápida + Transf.
17 h- Multiúsos- Táctico
Mércores 4 de Febreiro
17 h- Multiúsos- Táctico
Xoves 5 de Febreiro
9.30 h- Multiúsos- Táctico
Venres 6 de Febreiro
21.30 h- Pavillón dos Deportes de Sta. Cruz de Tenerife
Partido J.21 Uruguai Tenerife vs Santiago Futsal











