publicidade hoxe

O DOG publica o decreto polo que se aproba o PXOM de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoqueixónLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se aproba a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Boqueixón, un documento que outorgará seguridade xurídica e permitirá o desenvolvemento sostible deste concello coruñés durante os vindeiros 20 anos e que permitirá a este municipio de algo máis de 4.300 habitantes afrontar o futuro cunha folla de ruta establecida, con garantías.

SOLO

SUPERFICIE

%

TOTAL CONCELLO
 73,107 km2

100,00 %

SOLO RÚSTICO

65,585 km2

89,71 %

PROTEXIDO
64,045 km2
87,60 %

          Paisaxística

3,781 km2
5,17 %

    Forestal

31,876 km2
43,60 %

    Espazos Naturais

0,329 km2
0,45 %

    Agropecuario

18,492 km2
25,29 %

    Augas

6,299 km2
8,62 %

    Infraestruturas

3,046 km2
4,17 %

    Patrimonio

0,222 km2
0,30 %
ORDINARIO

1,540 km2

2,11 %
SOLO DE NÚCLEO RURAL
 5,998 km2

8,20 %

SOLO URBANIZABLE

0,850 km2

1,17 %

DELIMITADO INDUSTRIAL
0,680 km2
0,94 %
DELIMITADO RESIDENCIAL
0,084 km²
0,11 %
NON DELIMITADO INDUSTRIAL
 0,086 km²
0,12%
SOLO URBANO
 0,674 km2

0,92 %

CONSOLIDADO
0,631 km2
0,86 %
NO CONSOLIDADO
0,043 km2
0,06 %

O documento establece case o 90% da superficie do concello como solo rústico protexido sobre todo de carácter forestal e agropecuario. Dentro deste solo rústico destaca o de protección paisaxística (5,17%), no que se engloban os principais fitos paisaxísticos do concello como o Pico Sacro, emblema do concello de Boqueixón. Tamén é destacable, no solo rústico de protección ordinaria o espazo vinculado á mina Serrabal, situada entre os concellos de Vedra e Boqueixón, que constitúe un dos motores económicos do municipio.

O solo de núcleo rural, pola súa banda, con case 6 km2 de superficie (o 8,2% do total) supón o recoñecemento dos asentamentos no rural, que teñen a condición de núcleos de poboación segregados do núcleo urbano. Deste xeito, o PXOM recolle os 113 núcleos rurais existentes, os cales derivan á súa vez dun territorio moi fértil con 14 parroquias.

Recolle, ademais, tres sectores de solo urbanizable delimitado residencial, na parroquia de Lestedo, para completar a trama urbana e mellorar as conexións.

Contempla catro sectores de solo urbanizable de carácter industrial -dous en Camporrapado e dous na Susana- que permitirán ordenar e planificar o crecemento de dúas áreas deste municipio que contan cun gran dinamismo e protagonismo industrial

O PXOM establece unha capacidade residencial total de 3.112 vivendas, das que 1.066 poderán ser de nova construción, sobre todo en solo urbano consolidado e en solo de núcleo rural.

O documento prevé máis de 111.000 metros cadrados de superficie de espazos libres e zonas verdes, o que supón un 25% máis do esixido por lei e case 105.000 metros cadrados de equipamento comunitario, tres veces máis do esixido pola normativa.

O plan xeral de Boqueixón contou con máis de 116.000 euros de axudas do Goberno galego para a súa redacción con esta aprobación, son xa 6 os concellos da comarca de Santiago que contan cun Plan Xeral de Ordenación Municipal: Santiago, Brión, Ames, Vedra, Teo e Boqueixón. Tan só resta o municipio de Val do Dubra, que está tramitando o documento de planeamento urbanístico, un documento que conta xa coa aprobación inicial.

Desde o ano 2009, a Xunta leva asinadas 47 ordes de aprobación definitiva de Plans Xerais de Ordenación Municipal nos concellos galegos. Delas, 21 foron na presente lexislatura.

17 de febreiro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.