O delegado da Xunta en Madrid preside a IX edición dos premios Vitoriano Reinoso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López presidiu hoxe os premios Victoriano Reinoso, galardón que outorga a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA e que nesta IX edición a distinguida foi a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores, Elvira Rodríguez.

Nas súas palabras, Ónega quixo felicitar en primeiro lugar aos organizadores, os Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) e ao seu presidente, Julio Lage. Destacou, tamén, o labor de José Cerdeira, secretario general da Asociación, que une “á súa profunda dose de cultura, o traballo esforzado de cada día ao servizo dos empresarios galegos en Madrid”. E tamén resaltou a “boa semente” que deixou Enrique Santín, “primeiro artífice desta Asociación que na súa segunda xuventude segue repartindo sapiencia e elegante doutrina xurídica e humana na prensa galega”.

O delegado da Xunta en Madrid transmitiu tanto a AEGAMA como aos preto de douscentos convidados que asistiron ao acto, “o afecto e profunda admiración” do presidente Feijóo polo labor e longa traxectoria profesional da Asociación tanto ao “equipo directivo coma aos seus asociados e colaboradores” e a súa “felicitación que estende a Elvira Rodríguez pola merecida e prestixiosa distinción que hoxe se lle outorga”.

Ónega recordou ademais no seu discurso que “o presidente Feijóo coñece que os empresarios galegos en xeral, co seu esforzo e capacidade, son capaces de levantar Galicia procurando os niveis de desenvolvemento necesarios para situar á nosa rexión entre as máis prósperas e desenvolvidas do país”. E considerou osmembros de AEGAMA “como os axentes idóneos para lograr este impulso necesario para crear riqueza, postos de traballo e, en definitiva, desenvolvemento e prosperidade”.

No acto de entrega desta IX edición do Premio Vitoriano Reinoso intrerviñeron tamén o presidente de AEGAMA Julio Lage, o secretario xeral da Emigración Antonio Rodríguez Miranda e a propia homeajeada Elvira Rodríguez.

18 de febreiro de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.