O Concello de Vigo adapta o programa social de 2 millóns de euros para que sexa compatible con outras achegas públicas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

O goberno local aprobou unha modificación das Bases do Programa municipal de axudas extraordinarias, dotado con 2 millóns de euros, para que sexan compatibles coas achegas para vivenda que ven de ofertar a Xunta. O rexedor insistiu na importancia deste programa para vivenda, subministros e alimentación.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á modificación de bases do Programa municipal de achegas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación, dotado con 2 millóns de euros. Tal e como explicou o rexedor, modificouse o xeito de pago porque a Xunta publicou unhas axudas que resultaban incompatibles con parte deste plan municipal e, con este cambio aprobado, sí serán complementarias.

Concretamente, detallou, as achegas para vivenda a unidades familiares de 1 e 2 membros serían incompatibles coas municipais e o Concello optou como solución darlle o importe económico que lle correspondera a estes beneficiarios en concepto de subministros e alimentación. No caso de unidades de convivencia de tres ou máis membros, a Xunta financiaríalles o 40% da vivenda polo que o Concello, adicaría parte do importe que lles correspondería a completar ese aluguer, é dicir, a abonar o 60% restante, sin superar, polo tanto, o 100% do custo. Deste xeito, tamén serían compatibles estas achegas.

16 de febreiro de 2015 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.