publicidade hoxe

O Concello de Ponte Caldelas acondiciona a glorieta de Cuñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Acondicionamento da rotonda

Acondicionamento da rotonda

O Concello de Ponte Caldelas procedeu a acondicionar a glorieta de Cuñas e as estremeiras que facilitan o acceso ao barrio do Lombo coa dotación de zonas axardinadas decoradas con pedras brancas co fin de mellorar o aspecto de entrada á vila dende a estrada a Pontevedra.

Esta glorieta que facilita a confluencia entre a estrada de Pontevedra (PO-532) co entroncamento con Parada e O Lombo foi construída pola Xunta de Galicia durante as obras de mellora na seguridade vial entre Cuñas e o acceso principal dende a capital da provincia a Ponte Caldelas.

O resultado permite regular perfectamente o acceso á vila do tráfico que discorre pola estrada de Pontevedra ao tempo que mellora o aspecto urbano do núcleo de Ponte Caldelas.

Agora, con esta intervención que contou coa colaboración dos alumnos do módulo de xardinaría do Obradoiro de Emprego, mellórase con plantas ornamentais e a aplicación de técnicas decorativas urbanas a través da achega de pequenas pedras de cor branca en forma de grava grosa que melloran de forma substancial a imaxe urbana da vila.

Esta actuación vén a completar a realizada hai unhas semanas coa que tamén se acondicionou a glorieta de Pazos na PO-255 que supón tamén a entrada á zona urbana de Ponte Caldelas dende os municipios da Lama e Fornelos.

24 de febreiro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.