O Concello de Lugo organiza un obradoiro de doces de Entroido no Centro de Convivencia Maria Balteira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organizada con motivo das festas do Entroido un obradoiro de repostería típica destas datas os días 12 e 13 de febreiro en horario de 10.30 a 12.30 horas.

Neste obradoiro de 20 prazas os asistentes aprenderán a facer doces de entroido como son as rosquillas, filloas ou orellas de maneira gratuíta. Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse desde o día 9 de febreiro e ata cubrir prazas, no propio Centro de Convivenica Maria Balteira.

Ademais, e en colaboración coa asociación ADACE, celebrarase un baile de disfraces con sorpresas para os asistentes o luns 16 de febreiro de 16.30 a 19.00 horas no Centro de Convivenica de Fingoi.

9 de febreiro de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.