O Concello de Ferrol sitúase entre os primeiros no período medio de pago de facturas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O edil de Economía do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, explicou aos grupos municipais na comisión informativa da área celebrada esta mañá a normativa vixente e as fórmulas de cálculo dos períodos medios de pago de facturas a provedores e subministradores da administración local. O responsable da planificación e xestión económica do executivo ferrolán respondeu ás posibles dúbidas que poideran ter os concelleiros membros da comisión, e fíxoo acompañado dos técnicos municipais do departamento de Economía e Facenda responsables da documentación e da información ao respecto dos períodos de pago de facturas por parte do Concello.

Ao respecto, Langtry Caínzos, ao igual que fixera na útima sesión plenaria de fin de mes, volveu defender o traballo destes empregados públicos e solicitou ao edil nacionalista, Ivan Rico, que se disculpara de maneira pública polas acusacións que fixo no pleno contra o traballo destes técnicos municipais. “Todos os informes e documentos que se presentan e determinan o período medio de pago responden ás obrigacións que marca a lexislación vixente e son elaborados polos técnicos municipais con rigurosidade e profesionalidade, polo que estes balances sobre o abono de facturas non teñen carácter político”.

Nesta liña, o titular de Economía insitiu en que “o Concello de Ferrol está a cumprir a lei dentro do período medio de pago. Depois dos esforzos realizados nestes tres últimos anos en canto a reorganización e simplificación administrativa, estamos actualmente cumprindo os períodos medios de pago que marca a normativa”. “Hoxe Ferrol é o terceiro concello de Galicia que antes paga as súas factuaras, segundo os datos oficiais do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas”.

Así as cousas, e tal e como se recolle no último informe de morosidade -correspondente ao cuarto trimestre de 2014- o período medio de pago da Administración local contínua reducíndose, e actualmente está en 52 días dende a entrada da factura en rexistro. No que levamos de mandato, o Concello de Ferrol conseguiu reducir en más de 100 días o período medio de pago, pasando dos 164 días de 2012 aos anteriormente sinalados 52 días rexistrados no último trimestre do exercicio pasado.

Contratación de persoas perceptoras de RISGA

Por outra banda, na comisión informativa desta mañá deuse conta da solicitude de subvención á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a contratación durante un período de nove meses de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social preceptoras da Renta de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Este persoal se incorporaría a diferentes servizos municipais: xardinería, limpeza, obras e mantemento e ordenanzas; e se sumarían a otros 20 traballadores/as que actualmente ten o Concello de Ferrol contratados ao abeiro deste programa autonómico.

3 de febreiro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.