O Concello de Ferrol realiza intervencións de aglomerado de rúas e de reparación de beirarrúas
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou esta mañá sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas o último mes nos barrios de A Magdalena, Canido, Esteiro, Ultramar, San Xoán, Santa Mariña, así como en Doniños e A Graña. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- se centraron na reparación de firmes con aglomerados e de beirarrúas en mal estado.
Así, os traballos de mellora e reparación de beirarrúas se acometeron en A Magdalena e Canido. Máis concretamente, este servizo de mantemento interveu nas beirarrúas de: Manuel de Cal, Rochel, Andrés Dobarro, Coruña e Gabriel Vázquez Seijas. A estas actuacións hai que engadir as de reposición de firmes con aglomerado que entre o pasado mes de xaneiro e o que levamos de febreiro tiveron lugar en A Magdalena, Esteiro, Ultramar, San Xoán, Santa Mariña, Doniños e A Graña. A relación de rúas e zonas nas que se realizaron actuacións no aglomerado é a seguinte:
– A Magdalena: rúa Terra.
– Esteiro: avenida de Esteiro, estrada de Caranza e rúa Españoleto.
– Ultramar: rúa Nova de Caranza.
– San Xoán: rúa Cabalo Blanco.
– Santa Mariña: rúa Penas de Guitin.
– Doniños: estrada Doniños – Outeiro, e estrada Doniños – Confurco.
– A Graña: estrada de A Graña.











