O Concello de Ferrol cede un local á entidade social “Arraigo” no barrio de Recimil
O Concello de Ferrol cede de masneira gratuíta un local municipal á entidade “Arraigo” no barrio de Recimil. Esta cesión permitirá que a entidade poida dispoñer en Recimil dunha sede social sen custe algún para a súa economía, aforrándose deste xeito un aluguer privado. Dita proposta foi aprobada esta mañá na comisión informativa de Economía, Facenda e Recursos Humanos.
A Asociación “Arraigo”, fundada hai pouco máis de dous anos, presta axuda a persoas en risco de exclusión social a través de programas como “Merenda solidaria”, “Un café na rúa” ou o novidoso proxecto “Punto de Encontro”, gañador do último certame do Premio Solidario do Concello de Ferrol.











