O Concello de Ferrol apoia os programas de prevención de drogodependencias de Asfedro e Exalcohólicos
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, informaron esta mañá dos novos programas de prevención de drogodependencias no ámbito familiar, educativo e xuvenil que desenvolverán Asfedro e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra. A presidenta de Asfedro, Olga Basterrechea; e o responsable da entidade de Exalcohólicos, Miguel Fraga, tamén participaron na presentación destas novas iniciativas para as que contarán cunha achega de 9.000 euros, no caso de Asfedro; e de 5.500 euros no caso da Asociación de Exalcohólicos. A Área de Benestar recibiu unha subvención da Consellería de Sanidade para a realización destes programas despois de presentar unha solicitude conxunta coa administración nedense.
Jose Manuel Rey agradeceu ás dúas entidades a súa colaboración, ao tempo que encomiou o traballo de sensibilización e implicación que realizan ao longo de todo o ano. “A vosa loita contra a drogodependencia e o alcoholismo é incansable”, dixo o alcalde en presenza dos máximos responsables de Asfedro e Exalcohólicos de Ferrolterra, Olga Basterrechea e Miguel Fraga, respectivamente. Neste senso, o primeiro edil da cidade sinalou a importancia do apoio por parte das Administracións públicas en materia preventiva, destacando que “cando hai un problema temos que estar ahí para darlle solución”. E ao fío disto, o rexedor municipal recalcou a necesidade de seguir axustando os presupostos “para incrementar as axudas como vimos facendo os últimos tres anos”. “Se outras administracións se implican menos nosoutros temos que implicarmos máis. Non hai que mirar quen ten as competencias senón que se continúen e aumenten os programas”, engadiu Rey Varela. Así, o goberno municipal, a través da Concellería de Benestar Social, destinará neste ano 2015 un total de 65.500 euros a intervencións no campo da prevención. Esta cantidade repártase entre as seguintes iniciativas e entidades: Cinensino, Asfedro, Exalcohólicos, Érguete e Proxecto Home.
No que atinxe aos novos programas que desenvolverán Asfedro e Exalcohólicos, estes porán incidencia en actuacións preventivas en materia de drogodependencia no ámbito escolar, xuvenil e familiar. Así, a entidade Asfedro percibirá un total de 9.000 euros para desenvolver tres programas de prevención universal e selectiva centrados na drogodependencia: “Máis que un teito”, “En familia todos contan” e “Cambio de sentido”. O proxecto de carácter xeral “Máis que un teito” ten como obxectivo a formación integral a pais e nais para solucionar conflitos e ante a posibilidade de uso de drogas por parte dos seus fillos/as, así como a sensibilización dos proxenitores ante os riscos das novas tecnoloxías da información. Así mesmo, a actuación “En familia todos contan” pretende mellorar as habilidades educativas, de xestión e comunicación de pais e nais en situación de vulnerabilidade frente ás drogas, ou proporcionarlles unha ferramente para identificar factores de risco.E, por último, a proposta “Cambio de sentido” se centrará, entre outros, en mellorar a información ao alumnado das autoescolas en relación aos riscos asociados a conducir vehículos baixo os efectos do alcohol e outras drogas.
En canto á Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, recibirá 5.500 euros para a posta en marcha de “Non pasa nada pasa algo” que realizará a formación de mediadores sociales na xuventude para promover actuacións preventidas adecuadas, a adopción de estilos saudables de vida, así como reducir a incidencia de diversos problemas sociosanitarios relacionados co uso e o abuso de drogas na xuventude.











