O Concello de Fene executa obras de mellora no parque que une o peirao de Barallobre e Maniños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, leva a cabo traballos de mellora no parque que une o peirao de Barallobre e Maniños. Traballos que executan operarios municipais e que se prevé rematen ao longo do mes de febreiro. Segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, as tarefas consisten na reposición de adoquíns e lousas en mal estado e na reposición da madeira deteriorada no mobiliario urbano, como bancos.

Trátase dunha zona moi concorrida para a estancia, na que se ubica tamén un parque biosaudable. A intención do Concello é subsanar as deficiencias que, o paso do tempo, foi provocando na zona.

2 de febreiro de 2015 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.