O Concello de Fene entrega placas de agradecemento aos centros educativos participantes no acto de Fenés do Ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e os concelleiros dePromoción Económica, Juan José Franco, e Educación, Juana Barro, desprazáronse estamañá aos centros educativos que colaboraron no acto de entrega da distinción do Fenésdo Ano, que recaeu no escritor local Ramón Loureiro, para recoñecer a participación doseu alumnado. Un recoñecemento que se traduciu nunha placa de agradecemento. Oalcalde recordou neste sentido que foron estudiantes dos colexios Jorge Juan de Perlío, AXunqueira de San Valentín, Os Casais de Maniños e o IES de Fene, en Barallobre, osprotagonistas dun dos momentos máis emotivos do acto, coa lectura de diferentesfragmentos de obras do propio Ramón Loureiro.

Con este pequeno detalle, o Concello quere agradecer esa disposición dos centroseducativos a colaborar coas actividades e accións que leva a cabo a Administración local.

6 de febreiro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.