publicidade hoxe

O comercio de Cambados presenta a súa campaña para o Día dos Namorados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación da campaña

Presentación da campaña

Hoxe mércores, ás 12:30 horas  tivo lugar a presentación da campaña do día do Namorados, que con tal motivo vai levar adiante a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro durante os vindeiros días.

Para esta ocasión, a intención da asociación cambados zona centro é potenciar a utilización das redes sociais. Para elo, o funcionamento desta campaña é moi sinxelo: os clientes que queiran participar e optar a gañar un fin de semana para dúas persoas no Parador, tan só teñen que publicar, no muro de facebook  da asociación, (“cambadoscca” “www.facebook.es/cambadoszonacentro”) unha foto, cunha temática relacionada co día dos Namorados. Aquela foto que obteña mais “me gusta” ata o día 20 de febreiro, será a gañadora do premio.

Para aqueles que o prefiran tamén poderán enviar a foto a través do correo electrónico cambadoszonacentro@hotmail.com , encargándose a asociación de publicala.

Adicionalmente, se na foto gañadora aparece unha referencia clara a un establecemento asociado, (ben porque se fixo no interior do local, ben porque se ve o seu rótulo, os fotografados aparecen cunha bolsa rotulada do establecemento, etc) esta establecemento será premiado cunha campaña publicitaria, da que poderá ser imaxe, sempre que o desexen, os gañadores da campaña.

A Campaña foi presentada polo secretario da Asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza, e polo teniente alcalde do Concello de Cambados, Antonio Pombo.

4 de febreiro de 2015 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.